xunta de galicia - Deputación de Lugo

21 jun. 2016 - Ouro e Adelán, no lugar de Barbeito, parroquia de Carballido, do concello de Alfoz (Lugo). O que se fai p
596KB Größe 2 Downloads 47 Ansichten
MARTES, 21 DE JUNIO DE 2016

Nº 142

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO AUGAS DE GALICIA - SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA Raúl Cayón Ledo solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía.. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.52948 As obras solicitadas consisten no peche perimetral de malla metálica con postes de 1,5 m de altura e acondicionamento do pavimento que rodea a vivenda nas parcelas nº 1937 e 1938 do polígono 8 da concentración parcelaria do Val de Alfoz (parcela catastral 492 do polígono 109) na zona de policía dos ríos Ouro e Adelán, no lugar de Barbeito, parroquia de Carballido, do concello de Alfoz (Lugo). O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Alfoz ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º Lugo, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe. Lugo, 8 de xuño de 2016.- A xefa do servizo territorial, Mª Carmen Quintero Serrano R. 1802

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO AUGAS DE GALICIA – ZONA HIDROGRÁFICA DE GALICIA-CENTRO Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA Mercedes Irago Ouro, con DNI 76545122H e enderezo no lugar de Lalín, solicita de Augas de Galicia a autorización de obras no lugar de Souto-Lalín, t.m. de Palas de Rei (Lugo). O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.50953 As obras solicitadas desenvolveranse no leito do río Xuxilde e nas parcelas nº 382, 383, 384 e 179 do polígono nº 20, no lugar de Souto-Lalín, t.m. de Palas de Rei, e consistirán na limpeza da canle do río e reparación dos muros de contención laterais das citadas parcelas nunha lonxitude aproximada de 100 m.l. O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Palas de Rei ou nas oficinas deste servizo, situadas na Rúa Tomiño, 16 baixo, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe. Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2016.- O xefe do servizo territorial, Ángel Gómez Rey R. 1803

2

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

B.O.P de Lugo

Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA Manuel Louzao Díaz solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.52855 As obras solicitadas consisten na reforma de tres alpendres e un muro da parcela 147 do polígono 39, no lugar de A Ponte dos Carros, parroquia de Leborei (Santa María), concello de Monterroso. As obras consisten en modificacións nos muros e cubertas dos alpendres e a rehabilitación e recrecido do muro ata 1,5 m de altura. Estas obras sitúanse dentro da zona de policía do do Rego de Lavandelo. O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Monterroso ou nas oficinas deste servizo, situadas na Rúa Tomiño, 16 baixo, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe. Santiago de Compostela, 04 de maio de 2016.- O xefe do servizo territorial, Ángel Gómez Rey R. 1804

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA DE LUGO Anuncio Resolución do 3 de xuño de 2016 da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Outeiro de Rei (expediente IN407A 2016/14-2, 8322 A T). Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe: - Solicitante: Begasa - Domicilio Social: polígono empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo. - Denominación: LMT. CT e RBT Penelas 2. - Situación: concello de Outeiro de Rei - Características Técnicas: 1-Liña de media tensión ao centro de transformación proxectado Penelas 2 con orixe no apoio n.º. 9 da liña de media tensión ao centro de transformación Bonxe e final no centro de transformación proxectado Penelas 2, cunha lonxitude de 1.069 metros en condutor LA-56. 2-Centro de transformación intemperie Penelas 2 sobre apoio de celosía, cunha potencia proxectada de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V. 3- Rede de baixa tensión aérea con orixe no centro de transformación Penelas 2, cunha lonxitude de 25 metros en condutor RZ-50. Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, (BOE núm. 310) do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (D.O.G. núm. 54 do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos Decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro) polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve: Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

3

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

B.O.P de Lugo

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito. Lugo, 3 de xuño de 2016.- Pilar Fernández López, Xefa territorial de Lugo R. 1805

Anuncio Resolución do 3 de xuño de 2016 da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Mondoñedo (expediente IN407A 2016/11-2, 8319 A T). Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe: - Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. - Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo. - Denominación: reforma do CT 2084 Alameda. - Situación: concello de Mondoñedo. - Características técnicas: Obra civil- Consistente na instalación de soleira, contrución dun foso de recollida de aceite, canle para celas de MT e para cadros de baixa, revocado e lucido de paramentos e teito, etc. Obra eléctrica- Consistente na instalación de dúas celas de liña e dúas de protección, instalación dun cadro de BT e a súa ampliacion, instalación dun concentrador, realizar novas pontes entre o CT e as celas de media tensión e entre o CT e o cadro de baixa tensión e instalación dun novo punto de luz normalizados. Cumpridos os trámites ordenados no Real Decreto 337/2014, do 9 de maio ( BOE núm. 139) polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas Instruccións Técnicas Complementarias ITC-RAT 01 a 23 e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (D.O.G. núm. 54 do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos Decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro) polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve: Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito. Lugo, 3 de xuño de 2016.- Pilar Fernández López, Xefa territorial de Lugo R. 1806

4

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

B.O.P de Lugo

Anuncio Resolución do 3 de xuño de 2016 da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Chantada. (expediente IN407A 2015/111-2, 8304 AT) Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe: - Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A. - Domicilio Social: A Batundeira, 2, Velle,Ourense. - Denominación: adecuación liña eléctrica aérea de 20 kV. CHA810. - Situación: concello de Chantada - Características técnicas: 1-Liña de media tensión aérea a 20 kV. con orixe no apoio n.º. 13 existente da LMT CHA810 e final no apoio n.º. 16 proxectado, cunha lonxitude de 591 metros en condutor LA-110. 2-Liña de media tensión soterrada a 20 kV. con orixe no apoio n.º. 16 proxectado e final no apoio n.º.17 proxectado, cunha lonxitude de 330 metros en condutor tipo RHZ1240. 3-Liña de media tensión aérea a 20 kV. con orixe no apoio n.º. 17 proxectado da LMT CHA810 e final no apoio n.º. 18 existente, cunha lonxitude de 272 metros en condutor LA-110. Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, (BOE núm. 310) do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (D.O.G. núm. 54 do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos Decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro) polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve: Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito. Lugo, 3 de xuño de 2016 - Xefa territorial de Lugo, Pilar Fernández López R. 1807

Anuncio Resolución do 3 de xuño de 2016 da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Xove (expediente IN407A 2016/16-2, 8324 A T). Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe: - Solicitante: Begasa - Domicilio Social: polígono empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

5

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

B.O.P de Lugo

- Denominación: reforma LMTA de entrada ao CTC 5426 Lago Rúa. - Situación: concello de Xove - Características Técnicas: 1-Liña de media tensión aérea con orixe nun apoio existente da liña de media tensión Espìñeirido 1 e final nun apoio proxectado na liña de media tensión Espiñeirido 1 tipo C-7000/16, en conductor LA-110. 2-Liña de media tensión subterránea con orixe no apoio proxectado C-7000/16 e final no CTC Lago Rúa, cunha lonxitude de 40 metros en condutor RHZ1-95. Reforma do centro de transformación Lago Rúa potencia 250 kVA. Obra civil- consistente na construción dun foso de recollida de aceite, rotura da parede do CT para paso de tubos de MT e BT, revestimento e revocadura de paramentos e teito, etc. Obra eléctrica: consistente na instalación dun novo cadro de BT, relocalización do concentrador, realización de novas pontes entre o CT e as celas de media tensión e entre o CT e o cadro de baixa tensión. Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, (BOE núm. 310) do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (D.O.G. núm. 54 do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos Decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro) polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve: Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito. Lugo, 3 de xuño de 2016.- Xefa territorial de Lugo, Pilar Fernández López, R. 1808

CONCELLOS CHANTADA Licitación. Por decreto de la alcaldía de fecha 31 de mayo de 2016, se aprobó el pliego de cláusulas administrativas particulares que han de regir la siguiente licitación: 1.- Entidad adjudicadora. a.- Organismo: Ayuntamiento de Chantada. b.- Dependencia tramitadora: Secretaría. c.- Expediente 2.- Objeto del contrato. a) Descripción del objeto: “SELADO E CLAUSURA DO VERTEDOIRO DE RESIDUOS DA CONSTRUCCIÓN E DEMOLICIÓN II FASE”. b) División por lotes: No.

6

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

B.O.P de Lugo

c) Plazo de ejecución: 4 meses. 3.- Tramitación, procedimiento y forma de adjudicación. a) Tramitación: Urgente. b) Procedimiento: Abierto. 4.- Presupuesto base de licitación. a) Presupuesto: 85.355,17 (IVA excluido) b) IVA 21%: 17.924,58 € c) 103.279,75 € (IVA añadido) 5.- Garantía definitiva. a) Cuantía: 5% del importe de adjudicación, excluido el IVA. 6.- Obtención de documentación e información. a) Perfil del contratante: www.concellodechantada.org b) Entidad: Ayuntamiento de Chantada. c) Dirección: Plaza de España, 1 – 27500 – Chantada. d) Teléfono: 982 44 00 11. 7.- Presentación de ofertas. a) Fecha límite de presentación: 13 días naturales a contar desde el día siguiente al de la publicación de este anuncio en el BOP de Lugo. b) Documentación a presentar: La señalada en el pliego de cláusulas administrativas. c) Lugar y forma de presentación: Las proposiciones deberán presentarse en el Registro general de entrada del Ayuntamiento de Chantada, C.P. 27500 – Plaza de España, 1 – Chantada, en horario de 09:00 a 14:00 horas. Si el último día del plazo finaliza en festivo se entenderá prorrogado al inmediato hábil siguiente. Cuando las proposiciones se envíen por correo, el interesado deberá justificar la fecha y la hora de imposición del envío de la oficina de correos y anunciar al órgano de contratación, dentro de la fecha y hora establecidos como plazo de presentación, la remisión de la oferta mediante fax (número 982 46 21 02) o telegrama en el que se consigne el título completo del contrato y el nombre del licitador. Sin la concurrencia de ambos requisitos, no será admitida la proposición si es recibida por el órgano de contratación, con posterioridad a la fecha y hora de terminación del plazo señalado en el anuncio de licitación. En todo caso, transcurridos diez días naturales siguientes a la indicada fecha sin recibirse la documentación, ésta no será admitida en ningún caso. 8.- Apertura de ofertas. a) A las 13:00 horas del siguiente día hábil a aquel en que se cumpla el plazo de exposición pública en el BOP de Lugo, fijado en el presente anuncio. 9.- Criterios bases para la adjudicación. a) Criterios recogidos en la cláusula décimo primera del pliego de cláusulas administrativas. 10.- Gastos de anuncios. a) Serán por cuenta del licitador que resulte adjudicatario hasta el límite máximo de 600,00 euros. Chantada, 31 de mayo de 2016.- El Alcalde, Manuel L. Varela Rodríguez. R. 1809

7

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

B.O.P de Lugo

Anuncio Por Decreto de Alcaldía de data 10/05/2016 aprobouse o Padrón de contribuíntes obrigados ao pagamento do Prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar correspondente a abril 2016. De conformidade co disposto no artigo 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2.004, do 5 de marzo, polo que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, os interesados poderán interpoñer contra os Padróns o recurso de reposición que se regula na disposición mencionada, dentro do prazo dun mes a contar dende o día seguinte da publicación da aprobación dos citados Padróns no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. A cobranza, en período voluntario do Padrón do Prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar correspondente a abril 2016 terá lugar neste municipio dende o día 11 de maio de 2016 ata o día 10 de xullo de 2016. O vencemento do prazo de ingreso en período voluntario, sen ser satisfeita a débeda, e de conformidade co disposto no artigo 161 da Lei 58/2003 do 17 de decembro, Xeral Tributaria, determinará o inicio do período executivo, coa esixencia dos xuros de mora e das recargas do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei xa citada e, no seu caso, das costas do procedemento executivo. O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento. En Chantada, 10 de maio do 2016.- O ALCALDE, Manuel Lorenzo Varela Rodríguez. R. 1810

Anuncio Por Decreto de Alcaldía de data 12/05/2016 aprobouse o Padrón de contribuíntes obrigados ao pagamento do Prezo público pola prestación do servizo nas instalación de recreo municipal , piscinas e anexos correspondentes a maio-2016. De conformidade co disposto no artigo 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2.004, do 5 de marzo, polo que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, os interesados poderán interpoñer contra os Padróns o recurso de reposición que se regula na disposición mencionada, dentro do prazo dun mes a contar dende o día seguinte da publicación da aprobación dos citados Padróns no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. A cobranza, en período voluntario do Padrón do Prezo público pola prestación do servizo nas instalación de recreo municipal , piscinas e anexos correspondentes a maio 2016 terá lugar neste Municipio dende o día 13 de maio de 2016 ata o día 12 de xullo de 2016. O vencemento do prazo de ingreso en período voluntario, sen ser satisfeita a débeda, e de conformidade co disposto no artigo 161 da Lei 58/2003 do 17 de decembro, Xeral Tributaria, determinará o inicio do período executivo, coa esixencia dos xuros de mora e das recargas do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei xa citada e, no seu caso, das costas do procedemento executivo. O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento. En Chantada, 12 de maio do 2016.- O ALCALDE, Manuel Lorenzo Varela Rodríguez. R. 1811

NAVIA DE SUARNA Anuncio A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria celebrada o día 14 de xuño de 2016, prestou aprobación ás Bases Xerais e Específicas que rexerán a selección de persoal laboral para creación dunha bolsa de emprego realización de traballos de conducción de vehículos e maquinaria Municipal. O contido destas Bases Xerais faise público seguidamente: BASES XERAIS E ESPECÍFICAS QUE REXERÁN A SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL PARA CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO REALIZACIÓN DE TRABALLOS DE CONDUCCIÓN DE VEHÍCULOS E MAQUINARIA MUNICIPAL. 1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA. O Concello de Navia de Suarna vai asinar proximamente dous Convenios de Colaboración coa Xunta de Galicia para labores de participación na prevención e extinción de incendios campaña 2016 ( funcionamento dun vehículo motobomba e tratamentos preventivos en vías e camiños).

8

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

B.O.P de Lugo

Estes Convenios, contan cunha importante aportación económica por parte da Xunta de Galicia, correspondendo o Concello aportar os medios materiais (vehículos e maquinaria) e humanos (conductores). Para poder aportar os medios humanos necesarios, o Concello necesita proceder á contratación de persoal que realice os traballos obxecto destes Convenios, e diante da inminente sinatura de tales Convenios, procede a selección urxente de persoal. É obxecto da presente convocatoria a formación dunha bolsa de emprego de peóns-condutores para cubrir, de forma temporal, as necesidades puntuais de contratacións laborais para realización dos traballos que se derivan dos Convenios de colaboración citados. 2.- NORMATIVA APLICABLE. No non previsto nas presentes Bases, Será de aplicación o RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, o RD Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, a Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no que resulten vixentes, a Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o RD lexislativo 781/1986, de 18 do abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, a Lei 30/84, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, o RD 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o proceso de selección dos funcionarios da administración local, a Lei 5/1997, de 22 de xuño, de Administración Local de Galicia. Serán tamén de aplicación o e o RD 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da administración xeral do Estado e provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios da Administración Xeral do Estado. Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. 3.- MODALIDADE E DURACIÓN DOS CONTRATOS. O modelo de contrato de traballo a utilizar será o de obra ou servizo de duración determinada. O réxime xurídico da relación será de carácter laboral, en réxime de dedicación a tempo completo ou parcial, dependendo das características do traballo a realizar 4.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES. Os/As aspirantes deberán facer constar na solicitude que reúnen os requisitos que seguidamente se sinalan na data de remate do prazo de presentación de instancias e que estarán en condicións de acreditalos no momento no que sexan requeridos para o traballo: a) Ter nacionalidade española ou ter nacionalidade doutro Estado co alcance que se sinala no artigo 57 do RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público. b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas da praza/posto/emprego á que aspira. c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa. d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no seu caso o persoal laboral, no que houbese estado separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. e) Estar en posesión do carné de conducir tipo C Non se precisa estar en posesión de titulación académica. 5.- SOLICITUDES. 5.1. Presentación. Os interesados poderán participar no/s proceso/s selectivo/s presentando unha solicitude no modelo oficial que figura como Anexo destas Bases, estando tamén dispoñible nas oficinas municipais. 5.2. Prazo de presentación. 5 días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP). 5.3. Lugar de presentación. Rexistro Xeral do Concello de Navia de Suarna ou a través das formas establecidas no artigo 38 da vixente Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Cando se presente en correos, deberá entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo empregado de correos.

9

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

B.O.P de Lugo

Se a solicitude non se presenta no Rexistro do Concello de Navia de Suarna, deberá poñelo en coñecemento da Entidade mediante chamada telefónica (982365166) ou mediante correo electrónico ([email protected]) antes de rematar o prazo de presentación de solicitudes. 5.4. Cumprimentación. A solicitude de participación no proceso selectivo, deberá ser cumprimentada debidamente polos aspirantes, xunto coa solicitude presentarase 5.4.1.- Fotocopia compulsada dos documentos acreditativos da nacionalidade do aspirante: DNI, pasaporte, tarxeta de residencia, así como calquera outro documento acreditativo da nacionalidade co alcance do establecido no artigo 57 do RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público. 5.4.2.- Acreditación do grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. Esta acreditación deberá presentarse no suposto de que se solicite adaptación das probas de selección. 5.4.3.- Documentos que acrediten debidamente os méritos. Que se acreditarán coa documentación esixida na Base 6 e teranse en conta as seguintes particularidades: Deberá acompañarse á solicitude, dentro do prazo de presentación de solicitudes, as copias compulsadas dos documentos que acrediten os méritos alegados para poder ser puntuados conforme ao baremo. Non acreditar os méritos tal e como se sinala, acreditalos de forma insuficiente a xuízo do Tribunal ou presentalos fóra do prazo de presentación de solicitudes, non será enmendable polo que non serán tidos en conta polo Tribunal. Os méritos acreditados, puntuaranse ata a data do remate do prazo de presentación de instancias e deberán posuírse en dita data. 6.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN. O sistema de selección será o concurso-oposición: O dito sistema selectivo levarase a cabo de conformidade co establecido nas presentes Bases . 6.1 FASE DE CONCURSO: O Tribunal terá en conta os méritos alegados e acreditados, de acordo co seguinte baremo: A.

EXPERIENCIA PROFESIONAL

Por prestación de servizos en igual posto de traballo dependentes: 0,20 puntos /mes completo Por prestación de servizos en empresas privadas en puntos/mes completo.

na administración pública ou en entes dela igual

posto de traballo ao convocado 0,10

Puntuación máxima para este apartado é de 10 puntos. Experiencia Profesional acreditarase: En todos os casos deberá presentarse obrigatoriamente o informe da vida laboral actualizado, expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social. - Os servizos prestados nas Administracións acreditaranse mediante certificación de servizos prestados expedida polo organismo oficial correspondente, nóminas, contratos, tomas de posesión, etc, nos que se especifique a praza/posto ou emprego desempeñado, o tempo de prestación do servizo e as funcións ou tarefas realizadas. Se os servizos que se acrediten se prestaron no Concello de Navia de Suarna, deberá facelo constar na solicitude co obxecto de que esta Entidade emita certificación acreditativa dos servizos prestados e a incorpore ao expediente do proceso selectivo, entregando copia ao interesado/a. - Os servizos prestados en empresas privadas acreditaranse mediante contrato de traballo rexistrado no SPEE (Servizo Público de Emprego Estatal) ou nóminas nos que se acredite o emprego desempeñado e as funcións e tarefas realizadas. B. FORMACIÓN Cursos, xornadas, seminarios, congresos e similares relacionadas coas funcións da posto/función á que se opta: A puntuación máxima neste apartado será de 8 puntos. Valoraranse segundo a seguinte táboa:

10

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

TIPO DE CURSOS Asistencia. Aproveitamento.

B.O.P de Lugo

PUNTUACIÓN POR HORA 0,035 0,070

Non se terán en conta as materias aprobadas que formen parte de titulacións académicas, incluídos os master oficiais e master e cursos impartidos polas Universidades baixo a denominación de títulos propios. Os cursos de informática valoraranse sempre que o Tribunal considere que están relacionados coas funcións do posto/emprego á que se opta. A Formación acreditarase: A formación acreditarase con copia, ou fotocopias cotexadas, do documento acreditativo da/s titulación/s académica/s, cursos, estudos, xornadas, masters, cursos ou titulacións de idiomas, certificación da superación de exercicios expedida pola administración correspondente, etc. C.- IDIOMA GALEGO. A puntuación máxima neste apartado será de 2 puntos. O coñecemento do idioma galego puntuarase do seguinte xeito: -Celga 3, curso de iniciación, a súa validación, a proba libre de iniciación , curso de nivel elemental de lingua e cultura galegas para estranxeiros, 1º curso Escola Oficial de Idiomas: 0,75 puntos. -Celga 4, curso de perfeccionamento da lingua galega, a súa validación, curso básico de linguaxe administrativa galega, curso básico de linguaxe xurídica galega e curso de nivel medio de lingua e cultura galega para estranxeiros, 1º e 2º e 3º curso da escola oficial de idiomas: 2 puntos. Non poderán, en ningún caso, acumularse as puntuacións polos distintos cursos; en consecuencia só se puntuará polo curso de nivel superior. O coñecemento do idioma galego acreditarase: O coñecemento do galego acreditarase con copia, ou fotocopias cotexada, dos documentos acreditativos do coñecemento do idioma galego. 6.2 FASE DE OPOSICIÓN Consistirá nunha proba que permita valorar os coñecementos e capacidades dos/as aspirantes a un suposto concreto relacionado cos vehículos e maquinaria municipal. Esta proba práctica simulará un suposto que poida darse no desempeño do traballo. O Tribunal poderá formular preguntas ou solicitar aclaracións ao obxecto de formar unha opinión máis precisa dos coñecementos prácticos de cada aspirante. A puntuación máxima que se pode acadar será de 10 puntos, necesitándose un mínimo de 5 puntos para superar a fase de oposición. Se non se supera a fase de oposición, o candidato quedará fora da bolsa de traballo, A puntuación total obtida será a resultante da suma aritmética dos puntos obtidos na fase de concurso máis os obtidos na fase de oposición. 7.- LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS. 7.1. Lista provisional. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o Alcalde ditará resolución na que se aprobe a lista provisional de admitidos e, se é o caso, excluídos. A dita resolución publicarase no Taboleiro de anuncios do Concello de Navia de Suarna. 7.2. Prazo de alegacións. O prazo para que os excluídos poidan alegar o que consideren será de 2 días naturais a contar dende a publicación da resolución que aprobe a lista provisional no Taboleiro de Anuncios. 7.3. Lista definitiva. De considerarse as alegacións presentadas, aprobarase a lista definitiva publicará no mesmo lugar que a provisional.

que se

De non existir alegacións á lista provisional, ou se as alegacións non foran suficientes para a súa consideración, entenderase definitiva sen necesidade de nova publicación. 8.- TRIBUNAL DE SELECCIÓN. 8.1. Composición. O Tribunal de selección acomodarase ao establecido nos artigos 60 e 61 do RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e estará integrado por cinco membros titulares e cinco suplentes, podendo actuar indistintamente, tendo todos eles voz e voto.

11

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

B.O.P de Lugo

A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse esta en representación ou por conta de ninguén. Na composición do Tribunal tenderase á paridade entre homes e mulleres. Non poderán formar parte dos tribunais as persoas de elección ou designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual. Os membros do Tribunal deberán posuír, en calquera caso, titulacións ou especializacións iguais ou superiores ás esixidas para o acceso á praza/posto ou emprego que se convoca. 8.2. Actuación do Tribunal. O Tribunal resolverá tódalas dúbidas e propostas que xurdan para aplicación das normas contidas nas presentes Bases e estará facultado para resolver as cuestións que se poidan suscitar durante a realización das probas, así como para adoptar as medidas necesarias que garantan a debida orde naquelas en todo o que non estea previsto nas bases. 8.3. Nomeamento e publicación. As persoas que integren o Tribunal, serán nomeadas mediante resolución da Alcaldía. A dita resolución publicarase no Taboleiro de Anuncios da Entidade. 8.4. Incorporación de asesores e persoal de colaboración. O Tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores naquelas probas que demanden oír a opinión de técnicos especialistas, así como dos colaboradores en tarefas de apio no de desenvolvemento do sistema selectivo. 9.- CITACIÓN PARA REALIZACIÓN DAS PROBAS. citación aos membros do Tribunal e aos aspirantes, para a realización da única proba (proba práctica) ,deberá publicarse no Taboleiro de Edictos cunha antelación de 48 horas á hora fixada para iniciarse. 10.- CUALIFICACIÓN FINAL. A cualificación final virá determinada pola suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e na fase de oposición, establecéndose para estes efectos a orde definitiva de aspirantes que, de maior a menor puntuación, pasan a integrar a Listaxe de Emprego Temporal de peóns-conductores. No suposto de empate nas puntuacións de dous/dúas ou máis aspirantes, tendo en conta o artigo 37 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, cando nun determinado corpo, escala, grupo ou categoría da Administración Pública Galega se verificara a infrarrepresentación do sexo feminino, o empate resolverase a favor da muller. No suposto de que o empate se produza entre dúas mulleres ou entre dous homes, este resolverase acudindo á puntuación obtida nas probas da fase de oposición pola orde na que se realizaron. De manterse o empate, acudirase á puntuación obtida nos apartados do baremo pola orde establecida. De persistir o empate acudirase á orde alfabética dos apelidos. Igualmente, o Presidente do Tribunal, formulará proposta de seleccionados, ante a Alcaldía do Concello, ao obxecto de integrar a correspondente Listaxe de Emprego Temporal. 11.- PROPOSTA DE SELECCIÓN. O Tribunal publicará no taboleiro de anuncios a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por riguroso orde de puntuación, relación que se elevará ao Alcalde-Presidente para a súa aprobación. Esta relación constituirá a Bolsa de Emprego de peóns conductores, os integrantes desta bolsa serán chamados para cubrir as necesidades de traballo temporal que xurdan durante o prazo de vixencia da bolsa de emprego. O funcionamento da Bolsa regulase no Anexo II destas Bases. 12.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN. Tendo en conta que as/os aspirantes para participar no proceso selectivo só precisan manifestar que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base 4ª, o/a aspirante requerido para realización dun traballo, deberá presentar no prazo de dous días naturais seguintes a aquel en que sexa requerido, os documentos que xustifiquen o cumprimento das condicións esixidas en tal Base, do xeito seguinte: a) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o desempeño das funcións a desempeñar que se sinalan nas bases específicas. b) Declaración xurada de non ter sido separados/as do servizo das administracións públicas e non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente. c) Fotocopia Cotejada do Carné de Conducir Tipo C d) Fotocopia compulsada da tarxeta da Seguridade Social e número de conta bancaria.

12

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

B.O.P de Lugo

13.- DEREITO SUPLETORIO E XURISDICCIÓN. No non sinalado nas presentes bases, estarase ao establecido na normativa básica sobre selección de persoal ao servizo da Administración Local, Estatuto dos Traballadores e demais normas que resulten de aplicación. En canto a posibilidade de dirimir as controversias que se produzan na aplicación daqueles instrumentos normativos serán competentes aos órganos pertencentes á Xurisdición Contencioso-Administrativa. 14.- RECURSOS. Contra a resolución pola que se aproban as bases desta convocatoria, que é definitiva en vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Navia de Suarna, no prazo dun mes a contar dende o día seguinte á súa publicación ou ben recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses e na forma prevista na Lexislación Reguladora de dita Xurisdición, sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro que estime procedente. Navia de Suarna, 9 de xuño de 2016.- O Alcalde

13

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

B.O.P de Lugo

CONCELLO DE NAVIA DE SUARNA ANEXO I DAS BASES QUE REGULAN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DO PERSOAL QUE FORMARÁ PARTE DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE PEÓNS CONDUCTORES A CONTRATAR COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL DATOS DA PRAZA / EMPREGO / LISTAXE QUE SOLICITO:

DENOMINACIÓN: RÉXIME XURÍDICO: DATA PUBLICACIÓN CONVOCATORIA BOP:

DATOS PERSOAIS: PRIMEIRO APELIDO: DNI:

SEGUNDO APELIDO: TELÉFONO PARTICULAR:

DOMICILIO PARA OS EFECTOS DE NOTIFICACIÓNS:

NOME: TELÉFONO MÓBIL:

MUNICIPIO E PROVINCIA:

CÓDIGO POSTAL:

CORREO ELECTRÓNICO:

EXPOÑO:

Que reúno todos e cada un dos requisitos esixidos nas bases xerais e específicas:

 Ter nacionalidade española, comunitaria ou asimilada.  Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder da idade máxima establecida para a xubilación forzosa.  Posuír a capacidade física e psíquica necesaria para o exercicio das correspondentes funcións.  Non estar inhabilitado nin suspendido para o exercicio de funcións públicas e non ter sido separado do servizo dunha Administración Pública.  Estar en posesión do carné de conducir Tipo C

SOLICITO: - Ser admitido/a para participar no procedemento selectivo.

Navia de Suarna, .......... de ........................... de ….......

AO ALCALDE DO CONCELLO DE NAVIA DE SUARNA (LUGO).

14

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

B.O.P de Lugo

MÉRITOS QUE DEBERÁN SER ACREDITADOS DOCUMENTALMENTE POLOS ASPIRANTES SEGUNDO SE SINALA NA BASE XERAL 5.3.2. A) EXPERIENCIA PROFESIONAL

DESEMPEÑO DE PRAZAS/POSTO/EMPREGOS NA ADMÓN. PÚBLICA. Denominación Administración.

Denominación praza / posto / emprego. Tempo de servizos.

DESEMPEÑO DE POSTOS/EMPREGOS NA EMPRESA PRIVADA. Denominación da Empresa.

Denominación do emprego.

Tempo de servizos.

15

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

B.O.P de Lugo

B) FORMACIÓN CURSOS, XORNADAS, SEMINARIOS, CONGRESOS E SIMILARES RELACIONADOS COAS FUNCIÓNS DA PRAZA/POSTO/FUNCIÓN Á QUE SE OPTA.

ASISTENCIA. Nº Orde.

Denominación da acción formativa.

Nº horas.

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15

APROVEITAMENTO. Nº Orde. 1 2 3 4 5 6 7

Denominación da acción formativa.

Nº horas.

16

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

B.O.P de Lugo

8 9 10 11 12 13 14 15 C) IDIOMA GALEGO Nº. Orde.

Denominación da acción formativa ou titulación.

1 2 3 4

En virtude da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de Protección de datos de carácter persoal, infórmaselle de que os datos persoais que proporcione será tratados polo Concello de Navia de Suarna coa única finalidade de tramitar a 1. solicitude. Poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dirixíndose por escrito ao Concello de Navia de Suarna, Praza de España, 1.- 27650 Navia de Suarna.- LUGO.

17

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

B.O.P de Lugo

CONCELLO DE NAVIA DE SUARNA ANEXO I I DAS BASES QUE REGULAN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DO PERSOAL QUE FORMARÁ PARTE DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE PEÓNS CONDUCTORES A CONTRATAR COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL

FUNCIONAMENTO DA BOLSA DE EMPREGO 1.- DURACIÓN TEMPORAL DA LISTAXE DE EMPREGO E O PERÍODO DE PERMANENCIA DOS/AS SELECCIONADOS/AS NELAS. 1.1.- DURACIÓN DA LISTAXE DE EMPREGO TEMPORAL Con carácter xeral esta listaxe de emprego terán unha duración que non superará os tres anos. Non obstante, poderá darse por caducada a listaxe cando polo transcurso do tempo ou por outras circunstancias se considere que se modificaron as características dos empregos a desempeñar ou as circunstancias do servizo. Neste último suposto convocarase un novo proceso selectivo. 1.2.- PERÍODO DE PERMANENCIA DOS/AS SELECCIONADOS/AS. Os/As seleccionados/as que realicen unha prestación de servizos de carácter provisional, unha vez rematada ésta pasarán ao final da bolsa dentro de cada ano natural. Ao comezar un novo exercicio económico os aspirantes pasarán a ocupar o mesmo lugar na lista que lles correspodía trala celebración do proceso selectivo. 2.- MODO DE REALIZAR OS CHAMAMENTOS PARA CUBRIR, TEMPORALMENTE, OS DISTINTOS EMPREGOS. Os chamamentos para incorporarse á prestación de servizos realizarase polo medio máis áxil, sempre que este permita deixar constancia da súa recepción polo/a aspirante seleccionado/a. O/s chamamento/s realizaranse indistintamente polos seguintes medios: a) Chamada telefónica e mensaxe ao teléfono móbil. A continuación, á chamada e/ou á mensaxe para formalizar esta actuación, enviarase, se é posible, un correo electrónico. b)

Envío de mensaxe por correo electrónico.

c)

Burofax.

No suposto de que nun período de 72 horas, dende a recepción do chamamento realizado por calquera dos medios anteriores, non se teña contestación, o/a aspirante perderá o seu posto na lista de emprego decaendo dala e chamarase ao/á seguinte aspirante seleccionado/a. 3.- CAUSAS DE EXCLUSIÓN DA LISTAXE DE EMPREGO. Con carácter xeral quedarán excluídos/as da listaxe aqueles/as aspirantes seleccionados/as que: a)

Rexeite o emprego ofertado.

b) Non se poñan en contacto co Concello no prazo de 72 horas dende a recepción do chamamento realizado por calquera dos medios antes sinalados, sempre que se teña constancia da recepción do chamamento. Excepcións: Conservarán a súa orde na lista de emprego as persoas que no momento de ser chamadas se atopen en situación de incapacidade temporal, maternidade, presenten un contrato de traballo ou teñan permiso de paternidade e en situación de risco durante o embarazo. Deberase acreditar documentalmente a circunstancia alegada.”. R. 1835

Anuncio A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria celebrada o día 14 de xuño de 2.016, prestou aprobación ás Bases Xerais polas que establecen as normas para a selección de persoal laboral para creación dunha bolsa de emprego para realización de traballos de peón. O contido destas Bases Xerais faise público seguidamente: BASES XERAIS E ESPECÍFICAS QUE REXERÁN A SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL PARA CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA REALIZACIÓN DE TRABALLOS DE PEÓN. 1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA. O Concello de Navia de Suarna vai asinar proximamente un Convenio de Colaboración coa Xunta de Galicia para labores de participación na prevención e extinción de incendios campaña 2016 ( formación dunha cuadrilla para participación en labores de prevención e extinción).

18

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

B.O.P de Lugo

Este Convenio, conta cunha importante aportación económica por parte da Xunta de Galicia, correspondendo o Concello aportar os medios materiais (vehículos e maquinaria) e humanos (peóns brigada). Para poder aportar os medios humanos necesarios, o Concello necesita proceder á contratación de persoal que realice os traballos obxecto destes Convenios, e diante da inminente sinatura de tales Convenios, procede a selección urxente de persoal. É obxecto da presente convocatoria a formación dunha bolsa de emprego de peóns para cubrir, de forma temporal, as necesidades puntuais de contratacións laborais para realización dos traballos que se derivan dos Convenios de colaboración citados e outros traballos coyunturais que sexa necesario realizar 2.- NORMATIVA APLICABLE. No non previsto nas presentes Bases, Será de aplicación o RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, o RD Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, a Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no que resulten vixentes, a Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o RD lexislativo 781/1986, de 18 do abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, a Lei 30/84, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, o RD 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o proceso de selección dos funcionarios da administración local, a Lei 5/1997, de 22 de xuño, de Administración Local de Galicia. Serán tamén de aplicación o e o RD 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da administración xeral do Estado e provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios da Administración Xeral do Estado. Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. 3.- MODALIDADE E DURACIÓN DOS CONTRATOS. O modelo de contrato de traballo a utilizar será o de obra ou servizo de duración determinada. O réxime xurídico da relación será de carácter laboral, en réxime de dedicación a tempo completo ou parcial, dependendo das características do traballo a realizar 4.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES. Os/As aspirantes deberán facer constar na solicitude que reúnen os requisitos que seguidamente se sinalan na data de remate do prazo de presentación de instancias e que estarán en condicións de acreditalos no momento no que sexan requeridos para o traballo: a) Ter nacionalidade española ou ter nacionalidade doutro Estado co alcance que se sinala no artigo 57 do RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público. b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas da praza/posto/emprego á que aspira. c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa. d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no seu caso o persoal laboral, no que houbese estado separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. Non se precisa estar en posesión de titulación académica. 5.- SOLICITUDES. 5.1. Presentación. Os interesados poderán participar no/s proceso/s selectivo/s presentando unha solicitude no modelo oficial que figura como Anexo destas Bases, estando tamén dispoñible nas oficinas municipais. 5.2. Prazo de presentación. 5 días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP). 5.3. Lugar de presentación. Rexistro Xeral do Concello de Navia de Suarna ou a través das formas establecidas no artigo 38 da vixente Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Cando se presente en correos, deberá entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo empregado de correos.

19

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

B.O.P de Lugo

Se a solicitude non se presenta no Rexistro do Concello de Navia de Suarna, deberá poñelo en coñecemento da Entidade mediante chamada telefónica (982365166) ou mediante correo electrónico ([email protected]) antes de rematar o prazo de presentación de solicitudes. 5.4. Cumprimentación. A solicitude de participación no proceso selectivo, deberá ser cumprimentada debidamente polos aspirantes, xunto coa solicitude presentarase 5.4.1.- Fotocopia compulsada dos documentos acreditativos da nacionalidade do aspirante: DNI, pasaporte, tarxeta de residencia, así como calquera outro documento acreditativo da nacionalidade co alcance do establecido no artigo 57 do RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público. 5.4.2.- Acreditación do grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. Esta acreditación deberá presentarse no suposto de que se solicite adaptación das probas de selección. 5.4.3.- Documentos que acrediten debidamente os méritos. Que se acreditarán coa documentación esixida na Base 6 e teranse en conta as seguintes particularidades: Deberá acompañarse á solicitude, dentro do prazo de presentación de solicitudes, as copias compulsadas dos documentos que acrediten os méritos alegados para poder ser puntuados conforme ao baremo. Non acreditar os méritos tal e como se sinala, acreditalos de forma insuficiente a xuízo do Tribunal ou presentalos fóra do prazo de presentación de solicitudes, non será enmendable polo que non serán tidos en conta polo Tribunal. Os méritos acreditados, puntuaranse ata a data do remate do prazo de presentación de instancias e deberán posuírse en dita data. 6.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN. O sistema de selección será o concurso-oposición: O dito sistema selectivo levarase a cabo de conformidade co establecido nas presentes Bases . 6.1 FASE DE CONCURSO: O Tribunal terá en conta os méritos alegados e acreditados, de acordo co seguinte baremo: A. EXPERIENCIA PROFESIONAL Por prestación de servizos en igual posto de traballo dependentes: 0,20 puntos /mes completo

na administración pública ou en entes dela

Por prestación de servizos en empresas privadas en igual posto de traballo ao convocado 0,10 puntos/mes completo. Puntuación máxima para este apartado é de 10 puntos. A Experiencia Profesional acreditarase: En todos os casos deberá presentarse obrigatoriamente o informe da vida laboral actualizado, expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social. -Os servizos prestados nas Administracións acreditaranse mediante certificación de servizos prestados expedida polo organismo oficial correspondente, nóminas, contratos, tomas de posesión, etc, nos que se especifique a praza/posto ou emprego desempeñado, o tempo de prestación do servizo e as funcións ou tarefas realizadas. Se os servizos que se acrediten se prestaron no Concello de Navia de Suarna, deberá facelo constar na solicitude co obxecto de que esta Entidade emita certificación acreditativa dos servizos prestados e a incorpore ao expediente do proceso selectivo, entregando copia ao interesado/a. - Os servizos prestados en empresas privadas acreditaranse mediante contrato de traballo rexistrado no SPEE (Servizo Público de Emprego Estatal) ou nóminas nos que se acredite o emprego desempeñado e as funcións e tarefas realizadas. B. FORMACIÓN Cursos, xornadas, seminarios, congresos e similares relacionadas coas funcións da posto/función á que se opta: A puntuación máxima neste apartado será de 8 puntos. Valoraranse segundo a seguinte táboa:

20

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

TIPO DE CURSOS Asistencia. Aproveitamento.

B.O.P de Lugo

PUNTUACIÓN POR HORA 0,035 0,070

Non se terán en conta as materias aprobadas que formen parte de titulacións académicas, incluídos os master oficiais e master e cursos impartidos polas Universidades baixo a denominación de títulos propios. Os cursos de informática valoraranse sempre que o Tribunal considere que están relacionados coas funcións do posto/emprego á que se opta. A Formación acreditarase: A formación acreditarase con copia, ou fotocopias cotexadas, do documento acreditativo da/s titulación/s académica/s, cursos, estudos, xornadas, masters, cursos ou titulacións de idiomas, certificación da superación de exercicios expedida pola administración correspondente, etc. C.- IDIOMA GALEGO. A puntuación máxima neste apartado será de 2 puntos. O coñecemento do idioma galego puntuarase do seguinte xeito: - Celga 3, curso de iniciación, a súa validación, a proba libre de iniciación , curso de nivel elemental de lingua e cultura galegas para estranxeiros, 1º curso Escola Oficial de Idiomas: 0,75 puntos. - Celga 4, curso de perfeccionamento da lingua galega, a súa validación, curso básico de linguaxe administrativa galega, curso básico de linguaxe xurídica galega e curso de nivel medio de lingua e cultura galega para estranxeiros, 1º e 2º e 3º curso da escola oficial de idiomas: 2 puntos. Non poderán, en ningún caso, acumularse as puntuacións polos distintos cursos; en consecuencia só se puntuará polo curso de nivel superior. O coñecemento do idioma galego acreditarase: O coñecemento do galego acreditarase con copia, ou fotocopias cotexada, dos documentos acreditativos do coñecemento do idioma galego. 6.2 FASE DE OPOSICIÓN Consistirá nunha proba que permita valorar os coñecementos e capacidades dos/as aspirantes a un suposto concreto relacionado fundamentalmente con traballos de desbroce manual. Esta proba práctica simulará un suposto que poida darse no desempeño do traballo. O Tribunal poderá formular preguntas ou solicitar aclaracións ao obxecto de formar unha opinión máis precisa dos coñecementos prácticos de cada aspirante. A puntuación máxima que se pode acadar será de 10 puntos, necesitándose un mínimo de 5 puntos para superar a fase de oposición. Se non se supera a fase de oposición, o candidato quedará fora da bolsa de traballo, A puntuación total obtida será a resultante da suma aritmética dos puntos obtidos na fase de concurso máis os obtidos na fase de oposición. 7.- LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS. 7.1. Lista provisional. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o Alcalde ditará resolución na que se aprobe a lista provisional de admitidos e, se é o caso, excluídos. A dita resolución publicarase no Taboleiro de anuncios do Concello de Navia de Suarna. 7.2. Prazo de alegacións. O prazo para que os excluídos poidan alegar o que consideren será de 2 días naturais a contar dende a publicación da resolución que aprobe a lista provisional no Taboleiro de Anuncios. 7.3. Lista definitiva. De considerarse as alegacións presentadas, aprobarase a lista definitiva publicará no mesmo lugar que a provisional.

que se

De non existir alegacións á lista provisional, ou se as alegacións non foran suficientes para a súa consideración, entenderase definitiva sen necesidade de nova publicación. 8.- TRIBUNAL DE SELECCIÓN. 8.1. Composición. O Tribunal de selección acomodarase ao establecido nos artigos 60 e 61 do RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e estará integrado por cinco membros titulares e cinco suplentes, podendo actuar indistintamente, tendo todos eles voz e voto.

21

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

B.O.P de Lugo

A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse esta en representación ou por conta de ninguén. Na composición do Tribunal tenderase á paridade entre homes e mulleres. Non poderán formar parte dos tribunais as persoas de elección ou designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual. Os membros do Tribunal deberán posuír, en calquera caso, titulacións ou especializacións iguais ou superiores ás esixidas para o acceso á praza/posto ou emprego que se convoca. 8.2. Actuación do Tribunal. O Tribunal resolverá tódalas dúbidas e propostas que xurdan para aplicación das normas contidas nas presentes Bases e estará facultado para resolver as cuestións que se poidan suscitar durante a realización das probas, así como para adoptar as medidas necesarias que garantan a debida orde naquelas en todo o que non estea previsto nas bases. 8.3. Nomeamento e publicación. As persoas que integren o Tribunal, serán nomeadas mediante resolución da Alcaldía. A dita resolución publicarase no Taboleiro de Anuncios da Entidade. 8.4. Incorporación de asesores e persoal de colaboración. O Tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores naquelas probas que demanden oír a opinión de técnicos especialistas, así como dos colaboradores en tarefas de apio no de desenvolvemento do sistema selectivo. 9.- CITACIÓN PARA REALIZACIÓN DAS PROBAS. A citación aos membros do Tribunal e aos aspirantes, para a realización da única proba (proba práctica) ,deberá publicarse no Taboleiro de Edictos cunha antelación de 48 horas á hora fixada para iniciarse. 10.- CUALIFICACIÓN FINAL. A cualificación final virá determinada pola suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e na fase de oposición, establecéndose para estes efectos a orde definitiva de aspirantes que, de maior a menor puntuación, pasan a integrar a Listaxe de Emprego Temporal de peóns-conductores. No suposto de empate nas puntuacións de dous/dúas ou máis aspirantes, tendo en conta o artigo 37 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, cando nun determinado corpo, escala, grupo ou categoría da Administración Pública Galega se verificara a infrarrepresentación do sexo feminino, o empate resolverase a favor da muller. No suposto de que o empate se produza entre dúas mulleres ou entre dous homes, este resolverase acudindo á puntuación obtida nas probas da fase de oposición pola orde na que se realizaron. De manterse o empate, acudirase á puntuación obtida nos apartados do baremo pola orde establecida. De persistir o empate acudirase á orde alfabética dos apelidos. Igualmente, o Presidente do Tribunal, formulará proposta de seleccionados, ante a Alcaldía do Concello, ao obxecto de integrar a correspondente Listaxe de Emprego Temporal. 11.- PROPOSTA DE SELECCIÓN. O Tribunal publicará no taboleiro de anuncios a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por riguroso orde de puntuación, relación que se elevará ao Alcalde-Presidente para a súa aprobación. Esta relación constituirá a Bolsa de Emprego de peóns , os integrantes desta bolsa serán chamados para cubrir as necesidades de traballo temporal que xurdan durante o prazo de vixencia da bolsa de emprego. O funcionamento da Bolsa regulase no Anexo II destas Bases. 12.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN. Tendo en conta que as/os aspirantes para participar no proceso selectivo só precisan manifestar que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base 4ª, o/a aspirante requerido para realización dun traballo, deberá presentar no prazo de dous días naturais seguintes a aquel en que sexa requerido, os documentos que xustifiquen o cumprimento das condicións esixidas en tal Base, do xeito seguinte: a) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o desempeño das funcións a desempeñar que se sinalan nas bases específicas. b) Declaración xurada de non ter sido separados/as do servizo das administracións públicas e non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente. c) Fotocopia compulsada da tarxeta da Seguridade Social e número de conta bancaria. Os peóns a contratar con cargo ó convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural para labores de prevención e extinción de incendios forestais, previamente a súa contratación, deberán superar os recoñecementos médicos e probas físicas esixidas polo convenio. O aspirante que non supere tales recoñecementos e probas non será contratado.

22

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

B.O.P de Lugo

13.- DEREITO SUPLETORIO E XURISDICCIÓN. No non sinalado nas presentes bases, estarase ao establecido na normativa básica sobre selección de persoal ao servizo da Administración Local, Estatuto dos Traballadores e demais normas que resulten de aplicación. En canto a posibilidade de dirimir as controversias que se produzan na aplicación daqueles instrumentos normativos serán competentes aos órganos pertencentes á Xurisdición Contencioso-Administrativa. 14.- RECURSOS. Contra a resolución pola que se aproban as bases desta convocatoria, que é definitiva en vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Navia de Suarna, no prazo dun mes a contar dende o día seguinte á súa publicación ou ben recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses e na forma prevista na Lexislación Reguladora de dita Xurisdición, sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro que estime procedente. Navia de Suarna, 9 de xuño de 2016.- O Alcalde

23

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

B.O.P de Lugo

CONCELLO DE NAVIA DE SUARNA ANEXO I DAS BASES QUE REGULAN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DO PERSOAL QUE FORMARÁ PARTE DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE PEÓNS A CONTRATAR COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL

DENOMINACIÓN:

RÉXIME XURÍDICO:

DATA PUBLICACIÓN CONVOCATORIA BOP:

DATOS PERSOAIS:

PRIMEIRO APELIDO:

SEGUNDO APELIDO:

DNI:

DOMICILIO PARA NOTIFICACIÓNS:

TELÉFONO PARTICULAR:

OS

EFECTOS

NOME:

TELÉFONO MÓBIL:

DE MUNICIPIO E PROVINCIA:

CÓDIGO POSTAL:

CORREO ELECTRÓNICO:

EXPOÑO:

Que reúno todos e cada un dos requisitos esixidos nas bases xerais e específicas:

 Ter nacionalidade española, comunitaria ou asimilada.  Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder da idade máxima establecida para a xubilación forzosa.  Posuír a capacidade física e psíquica necesaria para o exercicio das correspondentes funcións.  Non estar inhabilitado nin suspendido para o exercicio de funcións públicas e non ter sido separado do servizo dunha Administración Pública.

SOLICITO: - Ser admitido/a para participar no procedemento selectivo. Navia de Suarna, .......... de ........................... de ….......

AO ALCALDE DO CONCELLO DE NAVIA DE SUARNA (LUGO).

24

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

B.O.P de Lugo

MÉRITOS QUE DEBERÁN SER ACREDITADOS DOCUMENTALMENTE POLOS ASPIRANTES SEGUNDO SE SINALA NA BASE XERAL 5.3.2. A) EXPERIENCIA PROFESIONAL DESEMPEÑO DE PRAZAS/POSTO/EMPREGOS NA ADMÓN. PÚBLICA. Denominación Administración.

Denominación praza / posto / emprego. Tempo de servizos.

DESEMPEÑO DE POSTOS/EMPREGOS NA EMPRESA PRIVADA. Denominación da Empresa.

Denominación do emprego.

Tempo de servizos.

25

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

B.O.P de Lugo

B) FORMACIÓN CURSOS, XORNADAS, SEMINARIOS, CONGRESOS E SIMILARES RELACIONADOS COAS FUNCIÓNS DA PRAZA/POSTO/FUNCIÓN Á QUE SE OPTA.

ASISTENCIA. Nº Orde.

Denominación da acción formativa.

Nº horas.

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15

APROVEITAMENTO. Nº Orde. 1 2 3 4 5 6 7

Denominación da acción formativa.

Nº horas.

26

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

B.O.P de Lugo

8 9 10 11 12 13 14 15 C) IDIOMA GALEGO Nº. Orde.

Denominación da acción formativa ou titulación.

1 2 3 4

En virtude da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de Protección de datos de carácter persoal, infórmaselle de que os datos persoais que proporcione será tratados polo Concello de Navia de Suarna coa única finalidade de tramitar a solicitude. Poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dirixíndose por escrito ao Concello de Navia de Suarna, Praza de España, 1.- 27650 2. Navia de Suarna.- LUGO. 3.

27

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

B.O.P de Lugo

CONCELLO DE NAVIA DE SUARNA

ANEXO I I DAS BASES QUE REGULAN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DO PERSOAL QUE FORMARÁ PARTE DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE PEÓNS A CONTRATAR COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL FUNCIONAMENTO DA BOLSA DE EMPREGO 1.- DURACIÓN TEMPORAL DA LISTAXE DE EMPREGO E O PERÍODO DE PERMANENCIA DOS/AS SELECCIONADOS/AS NELAS. 1.1.- DURACIÓN DA LISTAXE DE EMPREGO TEMPORAL Con carácter xeral esta listaxe de emprego terán unha duración que non superará os tres anos. Non obstante, poderá darse por caducada a listaxe cando polo transcurso do tempo ou por outras circunstancias se considere que se modificaron as características dos empregos a desempeñar ou as circunstancias do servizo. Neste último suposto convocarase un novo proceso selectivo. 1.2.- PERÍODO DE PERMANENCIA DOS/AS SELECCIONADOS/AS. Os/As seleccionados/as que realicen unha prestación de servizos de carácter provisional, unha vez rematada ésta pasarán ao final da bolsa dentro de cada ano natural. Ao comezar un novo exercicio económico os aspirantes pasarán a ocupar o mesmo lugar na lista trala celebración no proceso selectivo. 2.- MODO DE REALIZAR OS CHAMAMENTOS PARA CUBRIR, TEMPORALMENTE, OS DISTINTOS EMPREGOS. Os chamamentos para incorporarse á prestación de servizos realizarase polo medio máis áxil, sempre que ete permita deixar constancia da súa recepción polo/a aspirante seleccionado/a. O/s chamamento/s realizaranse indistintamente polos seguintes medios: a) Chamada telefónica e mensaxe ao teléfono móbil. A continuación, á chamada e/ou á mensaxe para formalizar esta actuación, enviarase, se é posible, un correo electrónico. b)

Envío de mensaxe por correo electrónico.

c)

Burofax.

No suposto de que nun período de 72 horas, dende a recepción do chamamento realizado por calquera dos medios anteriores, non se teña contestación, o/a aspirante perderá o seu posto na lista de emprego decaendo dala e chamarase ao/á seguinte aspirante seleccionado/a. 3.- CAUSAS DE EXCLUSIÓN DA LISTAXE DE EMPREGO. Con carácter xeral quedarán excluídos/as da listaxe aqueles/as aspirantes seleccionados/as que: a)

Rexeite o emprego ofertado.

b) Non se poñan en contacto co Concello no prazo de 72 horas dende a recepción do chamamento realizado por calquera dos medios antes sinalados, sempre que se teña constancia da recepción do chamamento. Excepcións: Conservarán a súa orde na lista de emprego as persoas que no momento de ser chamadas se atopen en situación de incapacidade temporal, maternidade, presenten un contrato de traballo ou teñan permiso de paternidade e en situación de risco durante o embarazo. Deberase acreditar documentalmente a circunstancia alegada.”. R. 1836

RIBADEO Anuncio Aprobación, exposición pública do Padrón da taxa de entrada de vehículos a través das beirarrúas e reservas da vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercancías de calquera clase para o exercicio 2016 e apertura do período de cobramento. Por Decreto desta Alcaldía de data 07 de xuño de 2016, foi aprobado o seguinte Padrón de contribuíntes: Padrón da taxa de entrada de vehículos a través das beirarrúas e reservas da vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercancías de calquera clase para o exercicio 2016, polo importe de cincuenta e catro mil novecentos setenta e un con sesenta e sete euros (54.971,67 €).

28

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

B.O.P de Lugo

Exponse ao público por prazo de vinte días hábiles, segundo o establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, ao obxecto de que aqueles que se consideren interesados poidan examinalo e interpoñer contra este as reclamacións que consideren oportunas. Iníciase, así mesmo, o procedemento de recadación, e ao efecto determínase que o período de pagamento en voluntaria é o comprendido entre o 15 de xuño de 2016 e 17 de agosto de 2016, ambos os dous inclusive. Ao día seguinte do vencemento do prazo do ingreso en período voluntario iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de mora e dos recargos do período executivo nos termos dos artigos 26 a 28 da Lei 58/2003 de 17 de decembro Xeral Tributaria e, no seu caso das costas do procedemento de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procedéndose a súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no regulamento xeral de recadación. Contra as liquidacións de carácter tributario que se deriven do presente Padrón poderase interpoñer recurso de reposición previo ao contencioso-administrativo, no prazo dun mes a contar dende a finalización do período de exposición pública de conformidade co establecido no artigo 14,2 apartado c) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. Contra a desestimación expresa ou presunta do recurso de reposición poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os órganos e na forma e prazos determinados na Lei reguladora desta Xurisdición. A presente publicación, de Edito de exposición ao público do Padrón e anuncio de cobranza ten o carácter de notificación colectiva ao amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria. Ribadeo, 9 de xuño de 2016.- O Alcalde, Fernando Suárez Barcia R. 1812

O SAVIÑAO Anuncio Exposición pública do padrón de contribuíntes suxeitos a AUGA, LIXO (urbán) e SUMIDOIROS correspondentes ao 2º bimestre do exercicio 2016, aprobado por Decreto de Alcaldía de data 10 de xuño do 2016. Lugar: Servizo de Xestión Tributaria do Concello (Praza de España, 1) Queda aberto o prazo de cobro en período voluntario dende o día 01 de xullo de 2016 ao 22 de agosto de 2016. PERIODO VOLUNTARIO DE RECADACIÓN: Nos termos do artigo 62.2 da Lei 58/2003: Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, dende a data de recepción da notificación ata o día vinte do mes posterior ou si este non fose hábil ata o inmediato hábil seguinte; se a notificación da liquidación se realiza entre os días 16 e o último de cada mes dende a data de recepción da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou si este non fose hábil ata inmediato hábil seguinte en período voluntario. A partir da devandita data os recibos non pagados esixiranse pola vía administrativa de prema, coas recargas e xuros correspondentes, consonte co establecido nos artigos 161 de Lei Xeral Tributaria e 69 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación (RD 939/2005, de 29 de xullo). A falta de pagamento do Canon da Auga da Xunta no período voluntario sinalado suporá a exixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico administrativa ante o órgano económico administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación. Contra o presente acto que pon fin a vía administrativa, e sen prexuízo de calquera outro recurso que considere oportuno o interesado, poderá interpoñer: 1. Recurso potestativo de reposición ante o propio órgano que ditou o presente acto no prazo dun mes a contar dende o día seguinte da súa notificación ao abeiro do establecido no artigo 108 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do Réxime Local. 2. Ou ben, directamente, reclamación económico-administrativa ante o mesmo órgano no prazo dun mes, segundo establece o artigo 137 da mesma Lei. O Saviñao, 10 de xuño de 2016.- O Alcalde, Joaquín González González R. 1813

29

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

B.O.P de Lugo

ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA – A CORUÑA. SECRETARÍA DE GOBERNO Anuncio A Comisión da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa xuntanza do día 7 de xuño de 2016, acordou nomear, por un periodo de catro anos, o xuíz de paz titular e/ou substituto dos concellos desta Comunidade Autónoma que máis abaixo se indican e para as localidades que igualmente se relacionan, este/s foi/foiron elexido/s polo Pleno do/s dito/s Concello/s con obtención do voto favorable da maioría absoluta dos seus membros. OUTEIRO DE REI: titular: DON JESÚS DOSITEO PIÑEIRO LÓPEZ DNI nº 33309687Y. Contra este acordo poderán os interesados presentar recurso de Alzada perante o Consello Xeral do Poder Judicial no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste edicto. Os nomeados deberán tomar posesión, no xulgado de paz para o que se nomean e ante a persoa que estiver exercendo a xurisdición, no prazo de 20 días naturais contados a partir do siguente ao da publicación do seu nomeamento no Boletín Oficial da Provincia respectiva, despois de xuramento ou promesa ante o xuíz de primera instancia e instrución respectivo na forma que establece o artigo 101.5 da Lei Orgánica do Poder Xudicial. Aqueles xuíces de paz nomeados que estean incursos nalgunha incompatibilidade deberán optar dentro do prazo de oito días pola praza que lles interese. A Coruña, 7 de xuño de 2016.- A SECRETARIA DE GOBERNO, Concepción Otero Piñeiro. R. 1845

XULGADO 1ª INSTANCIA E INSTRUCIÓN N.º 2 DE MONDOÑEDO Anuncio EUSEBIO BUSTABAD RAPA, SECRETARIO/A DEL XDO. 1ªA. INST. E INSTRUCCIÓN N.2 DE MONDOÑEDO. HAGO SABER: Que en este órgano judicial se sigue el procedimiento EXPEDIENTE DE DOMINIO. REANUDACION DEL TRACTO 276/2015 a instancia de VICENTE CASTRO REIGOSA en relación con las siguientes fincas: “Finca número 2-10 del Plano General de la concentración parcelaria de la zona de Cedofeita (Ribadeo), al sitio de Reconco. Se trata de un terreno dedicado a regadío y secano que linda con el Norte, finca número 2-11 de Angel Rico Rodriguez y la 2-12 de Jesusa Traveso Maseda, hoy de José Antonio Traveso Baamonde; por el Sur, con las fincas número 2- 29 propiedad de Vicente Crespo Reigosa; por el Este, con el Río Grande; y por el Oeste, con camino. Tiene una superficie de ochenta y cuatro áreas y seis centiáreas. Ref. Catastral 27051K002000100000WQ. Inscrita en el Registro de la Propiedad de Ribado al Tomo 337, libro 144, folio 231, finca 11.631” Por el presente y en virtud de lo acordado se convoca a las personas ignoradas o en paradero desconocido y a quienes pudiera perjudicar la inscripción solicitada para que en el término de los diez días siguientes a la publicación de este edicto puedan comparecer en el expediente alegando lo que a su derecho convenga. En Mondoñedo, a veinte de noviembre de dos mil quince.- EL/LA SECRETARIO/A JUDICIAL R. 1814

XULGADO DO SOCIAL N.º 2 DE LUGO Anuncio CEDULA DE NOTIFICACION Y CITACIÓN Mª DEL CARMEN VARELA REBOLO, LETRADA DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA DEL JUZGADO DE LO SOCIAL NÚMERO 2 DE LUGO, HAGO SABER: Que en la TERCERÍA DE DOMINIO 270/2014-1 de este Juzgado de lo Social, seguida a instancia de GÉNEROS DE PUNTO LANLO SL contra D. JESÚS FERNÁNDEZ GRANDÍO, se ha dictado decreto de fecha 29/4/2016 cuya parte dispositiva literalmente dice:

30

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

B.O.P de Lugo

“ACUERDO: Admitir la solicitud de tercería de dominio presentada por GENEROS DE PUNTO LANLO SL respecto de la finca nº 110.361 del Registro de la Propiedad nº 1 de Lugo, embargada en la presente ejecución, con suspensión de las actuaciones de ejecución relativas a dicho bien, hasta la resolución el presente incidente. Cítese a las partes de comparecencia a las partes y a quien insta la tercería para la celebración de la comparecencia en la que podrán alegar y probar cuanto a su derecho convenga sobre el objeto del incidente, señalándose al efecto para su celebración el próximo día 29/9/2016 a las 09:20 horas en Planta 4 - Sala 9 - Edif. Xulgados. Notifíquese a las partes, haciéndoles saber que en aplicación del mandato contenido en el artículo 53.2 de la LJS, en el primer escrito o comparecencia ante el órgano judicial, las partes o interesados, y en su caso los profesionales designados, señalarán un domicilio y datos completos para la práctica de actos de comunicación. El domicilio y los datos de localización facilitados con tal fin, surtirán plenos efectos y las notificaciones en ellos intentadas sin efecto serán válidas hasta tanto no sean facilitados otros datos alternativos, siendo carga procesal de las partes y de sus representantes mantenerlos actualizados. Asimismo deberán comunicar los cambios relativos a su número de teléfono, fax, dirección electrónica o similares, siempre que estos últimos estén siendo utilizados como instrumentos de comunicación con el Tribunal. MODO DE IMPUGNACIÓN: Mediante recurso de reposición a interponer ante quien dicta esta resolución, en el plazo de TRES DÍAS hábiles siguientes a su notificación con expresión de la infracción que a juicio del recurrente contiene la misma, sin que la interposición del recurso tenga efectos suspensivos con respecto a la resolución recurrida.” Y para que le sirva de NOTIFICACION Y CITACIÓN EN LEGAL FORMA a la empresa DISEÑO TECNOLÓGICO TEXTIL DE GALICIA SL, en ignorado paradero, a la que se advierte que las siguientes comunicaciones se harán fijando copia de la resolución o cédula en el tablón de anuncios de la Oficina Judicial, salvo el supuesto de la comunicación de las resoluciones que deban revestir forma de auto o sentencia o cuando se trate de emplazamiento, expido y firmo el presente para su inserción en el Boletín Oficial de la Provincia de Lugo, en LUGO, a nueve de Junio de dos mil dieciséis.- LA LETRADA DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA R. 1815

Anuncio CEDULA DE NOTIFICACION Mª DEL CARMEN VARELA REBOLO, LETRADA DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA DEL JUZGADO DE LO SOCIAL NÚMERO 2 DE LUGO, HAGO SABER: Que en la EJECUCIÓN DE TÍTULOS JUDICIALES 212/2015 de este Juzgado de lo Social, seguida a instancia de D. ANDRÉS DÍAZ GARCÍA contra la empresa MÁIS PEIXE SL, se ha dictado auto de fecha 14/1/2016, cuya parte dispositiva literalmente dice: “DISPONGO: Declarar extinguida la relación laboral que unía a D. ANDRES DIAZ GARCIA con la empresa MAIS PEIXE SL, condenando a ésta a que abone al trabajador la cantidad de 6.991,87 euros en concepto de indemnización, más la de 11.756,25 euros en concepto de salarios dejados de percibir desde la fecha de despido hasta la de esta resolución, a razón de 41,25 euros diarios. Notifíquese a las partes. MODO DE IMPUGNACIÓN: Mediante recurso de reposición a interponer ante este órgano judicial, en el plazo de los TRES DÍAS hábiles siguientes a su notificación con expresión de la infracción cometida en la resolución a juicio del recurrente, sin que la interposición del recurso tenga efectos suspensivos con respecto a la resolución recurrida. Si el recurrente no tuviere la condición de trabajador o beneficiario del régimen público de seguridad social deberá consignar la cantidad de 25 euros, en concepto de depósito para recurrir, en la Cuenta de Consignaciones de este XDO. DO SOCIAL N. 2 abierta en BANCO SANTANDER, LUGO, cuenta nº 2323000030021215. Quedan exentos de su abono en todo caso, el Ministerio Fiscal, el Estado, las Comunidades Autónomas, las Entidades Locales y los Organismos Autónomos dependientes de ellos. Así lo acuerda y firma SSª. Doy fe.” Y para que le sirva de NOTIFICACION EN LEGAL FORMA a la empresa MÁIS PEIXE SL, en ignorado paradero, con último domicilio conocido en Lonxa Nova, 8, Muelle Sur, Viveiro (Lugo), a la que se advierte que las siguientes comunicaciones se harán fijando copia de la resolución o cédula en el tablón de anuncios de la Oficina Judicial, salvo el supuesto de la comunicación de las resoluciones que deban revestir forma de auto, sentencia o decreto que ponga fin al proceso o resuelva un incidente, o cuando se trate de emplazamiento,

31

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

B.O.P de Lugo

expido y firmo el presente para su inserción en el Boletín Oficial de la Provincia de Lugo, en LUGO, a ocho de Junio de dos mil dieciséis.- LA LETRADA DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA R. 1816

Anuncio CEDULA DE NOTIFICACION Mª DEL CARMEN VARELA REBOLO, LETRADA DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA DEL JUZGADO DE LO SOCIAL NÚMERO 2 DE LUGO, HAGO SABER: Que en la PIEZA DE TASACIÓN DE COSTAS 509/14, de este Juzgado de lo Social, seguida a instancia de FRANCISCO contra la empresa FRANCISCO JAVIER BARREIRA FERNÁNDEZ, se ha dictado Decreto de fecha 9 de junio de 2016, cuya parte dispositiva literalmente dice: “Acuerdo: Aprobar la tasación de costas practicada por importe de 612 EUROS a cuyo pago resulta condenada CARPINTERIA VALIMA, S.L. en las presentes actuaciones. Notifíquese a las partes, haciéndoles saber que en aplicación del mandato contenido en el artículo 53.2 de la LJS, en el primer escrito o comparecencia ante el órgano judicial, las partes o interesados, y en su caso los profesionales designados, señalarán un domicilio y datos completos para la práctica de actos de comunicación. El domicilio y los datos de localización facilitados con tal fin, surtirán plenos efectos y las notificaciones en ellos intentadas sin efecto serán válidas hasta tanto no sean facilitados otros datos alternativos, siendo carga procesal de las partes y de sus representantes mantenerlos actualizados. Asimismo deberán comunicar los cambios relativos a su número de teléfono, fax, dirección electrónica o similares, siempre que estos últimos estén siendo utilizados como instrumentos de comunicación con el Tribunal. MODO DE IMPUGNACIÓN: Podrá interponerse recurso directo de revisión ante quien dicta esta resolución mediante escrito que deberá expresar la infracción cometida a juicio del recurrente, en el plazo de TRES DÍAS hábiles siguientes a su notificación. (Art. 188.2 de la LJS). El recurrente que no tenga la condición de trabajador o beneficiario de régimen público de la Seguridad Social deberá hacer un depósito para recurrir de 25 euros en la cuenta nº 2323 del BANCO SANTANDER, LUGO, debiendo indicar en el campo concepto, la indicación recurso seguida del código "31 Social- Revisión". Si el ingreso se hace mediante transferencia bancaria deberá incluir tras la cuenta referida, separados por un espacio con la indicación "recurso" seguida del "código 31 Social- Revisión". Si efectuare diversos pagos en la misma cuenta deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso si obedecen a otros recursos de la misma o distinta clase indicando en el campo de observaciones la fecha de la resolución recurrida utilizando el formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos de su abono, en todo caso, el Ministerio Fiscal, el Estado, las Comunidades Autónomas, las Entidades locales y los Organismos Autónomos dependientes de ellos. ” Y para que le sirva de NOTIFICACION EN LEGAL FORMA a la empresa CARPINTERÍA VALIMA, S.L., en ignorado paradero, con último domicilio conocido en C/ Túnel de Oural 23, bajo, de Lugo, a la que se advierte que las siguientes comunicaciones se harán fijando copia de la resolución o cédula en el tablón de anuncios de la Oficina Judicial, salvo el supuesto de la comunicación de las resoluciones que deban revestir forma de auto o sentencia o cuando se trate de emplazamiento, expido y firmo el presente para su inserción en el Boletín Oficial de la Provincia de Lugo, en LUGO, a 9 de junio de 2016.- LA LETRADA DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA R. 1817

Anuncio CEDULA DE NOTIFICACION Y CITACIÓN Mª DEL CARMEN VARELA REBOLO, LETRADA DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA DEL JUZGADO DE LO SOCIAL NÚMERO 2 DE LUGO, HAGO SABER: Que en la EJECUCIÓN DE TÍTULOS JUDICIALES 73/16 de este Juzgado de lo Social, seguida a instancia de MADALENA DA CONÇEIÇAO MOREIRA DA COSTA contra la empresa GALICIAN FAMILY ASSISTANCE, S.L., se ha dictado Auto de fecha 2 de junio de 2016, cuya parte dispositiva literalmente dice: “DISPONGO: Declarar extinguida la relación laboral que unía a MADALENA DA CONÇEIÇAO MOREIRA DA COSTA, con la empresa GALICIAN FAMILY ASSISTANCE, S.L. , condenando a ésta a que abone a la trabajadora la cantidad de 1.322,04 euros en concepto de indemnización, más 1.274,81 euros por el salario del mes de diciembre de 2015 (10 días) y la parte proporcional de las vacaciones (28 días), más la de 6.508,48 euros en concepto de salarios dejados de percibir desde la fecha de despido hasta la de esta resolución, a razón de 36,98 euros diarios.

32

Núm. 142 – Martes, 21 de Junio de 2016

B.O.P de Lugo

Notifíquese a las partes, haciéndoles saber que en aplicación del mandato contenido en el artículo 53.2 de la LJS, en el primer escrito o comparecencia ante el órgano judicial, las partes o interesados, y en su caso los profesionales designados, señalarán un domicilio y datos completos para la práctica de actos de comunicación. El domicilio y los datos de localización facilitados con tal fin, surtirán plenos efectos y las notificaciones en ellos intentadas sin efecto serán válidas hasta tanto no sean facilitados otros datos alternativos, siendo carga procesal de las partes y de sus representantes mantenerlos actualizados. Asimismo deberán comunicar los cambios relativos a su número de teléfono, fax, dirección electrónica o similares, siempre que estos últimos estén siendo utilizados como instrumentos de comunicación con el Tribunal. MODO DE IMPUGNACIÓN: Mediante recurso de reposición a interponer en el plazo de TRES DÍAS hábiles siguientes a su notificación con expresión de la/s infracción/es cometida/s en la resolución, cumplimiento o incumplimiento de presupuestos y requisitos procesales exigidos y/o oposición a la ejecución despachada en los términos previstos en el art. 239.4 de la Ley Reguladora de la Jurisdicción Social, sin que la interposición del recurso tenga efectos suspensivos con respecto a la resolución recurrida.” Y para que le sirva de NOTIFICACION Y CITACIÓN EN LEGAL FORMA a la empresa GALICIAN FAMILY ASSITENACE, S.L., en ignorado paradero, con último domicilio conocido en C/ Rafael Diete 4, bajo, Local 8, de Lugo, a la que se advierte que las siguientes comunicaciones se harán fijando copia de la resolución o cédula en el tablón de anuncios de la Oficina Judicial, salvo el supuesto de la comunicación de las resoluciones que deban revestir forma de auto o sentencia o cuando se trate de emplazamiento, expido y firmo el presente para su inserción en el Boletín Oficial de la Provincia de Lugo, en LUGO, a 2 de junio de 2016.- LA LETRADA DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA R. 1818

Signature Not Verified Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO Data: 21.06.2016 08:27:34 CEST Razón: Localización: España